Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

Un Panteón dos deuses galaicos.

Imagen
O panteón dos deuses galaicos. Aínda que non existise unha unión política na Gallaecia preromana, si existía unha comunidade nas crenzas e rituais. Así o deixan ver os testemuños arqueolóxicos da Gallaecia trala conquista na que os os habitantes destas terras empregan usos romanos ( como levantar templos e aras) para seguiren adorando aos seus deuses e que rematarían por romanizalos "sui generis". Así temos que aos deus Reve lle traduciron o nome polo de Xúpiter, e algunhas deidades movéronas á categoría de ninfas e deuses dos camiños. Nos traballos de  Ferro Couselo, Bermejo Barrera, Rosa Brañas,Calo Lourido,  González-Ruibal ( por citar algúns) vemos que amosan ás antigas deidades adoradas nos castros, sendo as principais catro: * Navia/Nabia: deusa da soberanía e suponse que trifuncional, adorada en toda a parte occidental da península ibérica (tanto entre Galaicos coma Astures, Lusitanos,etc) Semella ter algunha relación co deus Reve ( aparecen na Ara de Marecos ). * Reve...

Deuses galaicos da soberanía.

Imagen
  No rexistro arqueolóxico vemos como os deuses Reve e Bandua comparten territorio, xa que aparecen aras a eles adicados nun amplo territorio dende a Gallaecia oriental interior até terras estremeñas e do Douro. Grazas ás inscripcións de sacrificios de touros a Reve sabemos da súa soberanía, mentres que algúns autores viron no nome de Bandua non só un deus patrocinador da guerra senón que tamén relacionado coa maxia e de aí empregando a comparativa relixiosa chegaron á conclusión de que ambos son deuses da soberanía. Reve como deus soberano da parte "lumínica" e a contraparte escura sería Bandua. Esta clase de emparellamentos, que Jean Markale ve como a relación Rei / Druída, dáse noutras relixións indoeuropeas; entre os irlandeses atopamos ao deuses Dagda/ Ogme, entre os hindús Mitra / Varuna, entre os romanos segundo Tito Livio aparecen os persoaxes Hoartius Cocles / Mucius Sacevola, entre os xermanos Tyr/ Odín....estas parellas expresan a soberanía en dous aspectos, o lumí...