Deuses galaicos da soberanía.
No rexistro arqueolóxico vemos como os deuses Reve e Bandua comparten territorio, xa que aparecen aras a eles adicados nun amplo territorio dende a Gallaecia oriental interior até terras estremeñas e do Douro. Grazas ás inscripcións de sacrificios de touros a Reve sabemos da súa soberanía, mentres que algúns autores viron no nome de Bandua non só un deus patrocinador da guerra senón que tamén relacionado coa maxia e de aí empregando a comparativa relixiosa chegaron á conclusión de que ambos son deuses da soberanía. Reve como deus soberano da parte "lumínica" e a contraparte escura sería Bandua.
Esta clase de emparellamentos, que Jean Markale ve como a relación Rei / Druída, dáse noutras relixións indoeuropeas; entre os irlandeses atopamos ao deuses Dagda/ Ogme, entre os hindús Mitra / Varuna, entre os romanos segundo Tito Livio aparecen os persoaxes Hoartius Cocles / Mucius Sacevola, entre os xermanos Tyr/ Odín....estas parellas expresan a soberanía en dous aspectos, o lumínico mailo escuro e chegan até nós a través da Idade Media coas novelas do Rei Artur/Merlín.
O rei actúa o druída aconsella, o rei é a expresión da 2º clase dumeziliana, os guerreiros, e o druída pertence á primeira clase segundo G Dumézil. Esta xerarquía encarna a unidade do grupo social.

Comentarios
Publicar un comentario