Un Panteón dos deuses galaicos.


O panteón dos deuses galaicos.


Aínda que non existise unha unión política na Gallaecia preromana, si existía unha comunidade nas crenzas e rituais. Así o deixan ver os testemuños arqueolóxicos da Gallaecia trala conquista na que os os habitantes destas terras empregan usos romanos ( como levantar templos e aras) para seguiren adorando aos seus deuses e que rematarían por romanizalos "sui generis".

Así temos que aos deus Reve lle traduciron o nome polo de Xúpiter, e algunhas deidades movéronas á categoría de ninfas e deuses dos camiños. Nos traballos de  Ferro Couselo, Bermejo Barrera, Rosa Brañas,Calo Lourido,  González-Ruibal ( por citar algúns) vemos que amosan ás antigas deidades adoradas nos castros, sendo as principais catro:

* Navia/Nabia: deusa da soberanía e suponse que trifuncional, adorada en toda a parte occidental da península ibérica (tanto entre Galaicos coma Astures, Lusitanos,etc) Semella ter algunha relación co deus Reve ( aparecen na Ara de Marecos ).

* Reve: deus da soberanía, comparado ao deus Dagda e Xúpiter + Plutón(xa que era adorado en montañas e vales, como amosan As Burgas, Xinzo e Larouco). Adorado entre Galaicos ( excepto na costa que non apareceu aínda ningunha ara súa) Lusitanos, vacceos...

* Bandua: deus da guerra da maxia (debido á súa conexión nominal cos "lazos") comparad oc céltico Ogmios, adorado entre Galaicos(tanto da costa como do interior) . Xa Ferro Couselo o daba como deus da guerra ( mentres outros autores falaban de deuses do grupo "Band-").

* Coso: deus da guerra e das asembleas. Adorado en toda a costa galaica e no Bierzo, tense por un "marte céltico" , o seu "territorio" aínda non está claro debido a interpretacións de algunhas aras ilexibles en Lugo e Ourense ( mentres algún suspoñen que existe un deus COhue outros dano como altares ao deusCOsso.


Debido a que son divindades cuxos altares aparecen en lugares distantes entre si e en territorios de distintos tribos chegouse á conclusión de que os deuses "supralocais" eran deuses comúns a todas as tribos da rexión , mentres que o deuses "locais" (divindades cuxo nome aparece nunha soa ara) son numens propios dunha tribo ou santuario intretribal. O caso dun deus propio dunha tribo é o deus Aerno ( tribo dos Zoelas, pobo dos Astures) mentres que deuses locais serían Torolo , Sannoava, Vestio....

A través de varios textos sacrificiais conluiuse que estas divindades estaban xerarquizadas, xa que algunhas divindades recibían animais importantes ( así vemos como a Reve e Nabia sacrificaban touros en Marecos e Cabeço das Fraguas, e mesmo a deusa Navia tiña unha festa anual cada 9 de Abril) e por outra banda o deus Reve recibe o nome de "supremo" nunha das súas aras da falda do Monte Larouco ( aínda que será un caso de henoteísmo devocional). 
A pesares da desunión política vemos como no castro de San Cibrán de Lás atopamos na súa croa a varias divindades (Nabia Abione, Xúpiter, Sadu Vladu e Bandua) conformando un panteón da cidade galaica, onde vemos a Bandua, Nabia e a Reve(transformado en Xúpiter) e un deus  descoñecido ao que apelan como "sadu vladu"(o moi santo).


 

Comentarios