Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Os parrulos e o cultos solares.

Imagen
 Xa antes de rematar o século XX D Julia intuiu ao estudar as estelas galaicoromanas de Vigo que neles plasmábase unha tradición local de culto solar ( cruces inscritas en círculos, que se repiten en certos petroglifos que os autoresgarcía Quintela e Santos Estévez sinalan como da Idade do Ferro) Esta mitoloxía solar, unida en Gallaecia a figuras ornitomorfas ( figuras de patos que se reparten en cerámicas e diversas xoias castrexas)  No libro "Santuarios de la Galicia céltica exponse unha zona xeográfica onde se ve esa relación Sol- Parrulos - Inmortalidade; trátase  da área As canles (Campolameiro, Pontevedra) onde analizan o antropo(ornito)morfo de Fentáns, un petroglifo da época dos castros que sintetiza unha figura solar (cruz inscrita nun círculo) unha persona ( cara humana dentro dun cuadrante da cruz), un medio crecente lunar, unha sgadoupas ou mans enormes e unha cola. O tema de petroglifo humano con mans xigantes aparece de forma frecuente (Vilar, Poio) e que lo...
Imagen
  Aspectos da relixión celta. 1.        O sacrificio en Lusitania. Hai tres testemuños que nos faran dos sacrificios no Noroeste da península ibérica: A inscripción de Cabeço das Fraguas,a tarifa sacrificial de Marecos e Estrabón. Neles non aparecen de forma explícita os druidas pero si se apuntan cara un sacerdocio organizado. Cabeço das Fraguas e Marecos sinalan unha xerarquía relativa de divindades (segundo o nivel das ofrendas adicada a cada unha delas) mentres que as noticias de Estrabón sinala o sacrificio maior de cabalos e homes, o que coincide cun texto de Polibio sobre sacrificios celtas sobre cabalos mais outro texto de Diodoro explicando sacrificios humanos polos druidas. As testemuñas dos sacrificios e seus sacerdotes atopámola tanto en inscripcións ( C. Caraecius Fuscus, dedicantes da ara de Marecos) como nos “ bronces votivos”, entre eles chaman a atención os machados votivos, machados de reducido tamaño sobre as que soldaron ob...
Imagen
  Sobre algúns nomes de persoa galaicos. “Os antropónimos reflexan a tendencia a levar nomes relacionados coas divindades, animais,, planta e a guerra., tal é o caso de:   C. Caraecius Fuscus , sacerdote de de Aqua Flavia (padrón) onde expresa a mesma idea “Escuridade” ( Caraecius é nome indíxena e relaciónase co irlandés *Ceranus= escuro. Igual que o cognome latino Fuscus). Medugenus, Medigenus, Medicena : relaciónase co nome indoeurope para o hidromel= Medhu ¿ Para significar “nacido no Hidromel?   Camalo e Caturo : Camalus constrúese a partires da raíz Kem ( do irlandés = batalla) e Caturus recolle a raíz celt *Kat= loita. Eburius ou Eburancus : derivan do nome  célltico do teixo * Eburo, ó que se lle atribúen cualidades máxicas. (Fonte: Santuarios de la Galicia Céltica, Abada Editores, Marco V García Quintela e Manuel santos Estévez)