Aspectos da relixión celta.
1.
O sacrificio en Lusitania.
Hai tres testemuños que nos faran dos
sacrificios no Noroeste da península ibérica: A inscripción de Cabeço das
Fraguas,a tarifa sacrificial de Marecos e Estrabón. Neles non aparecen de forma
explícita os druidas pero si se apuntan cara un sacerdocio organizado.
Cabeço das Fraguas e Marecos sinalan unha
xerarquía relativa de divindades (segundo o nivel das ofrendas adicada a cada
unha delas) mentres que as noticias de Estrabón sinala o sacrificio maior de
cabalos e homes, o que coincide cun texto de Polibio sobre sacrificios celtas
sobre cabalos mais outro texto de Diodoro explicando sacrificios humanos polos druidas.
As testemuñas dos sacrificios e seus sacerdotes
atopámola tanto en inscripcións ( C. Caraecius Fuscus, dedicantes
da ara de Marecos) como nos “ bronces votivos”, entre eles chaman a atención os
machados votivos, machados de reducido tamaño sobre as que soldaron obxectos e animais:
torques, vasixas, cabezas de gando….e
teñen seus pararlelos en bronces votivos como o de Castedo de Moreira e a
colección do Instituto Valencia de Don Juan. Amósansenos neles non só as ferramentas
do sacrificio senón que aparecen os
sacrificantes coma nunha epifanía cos deuses a quen adicaban ese ritual.
2.
As portas ao Alén.
Estrabón explicou parte do poboamento de
Galicia por celtas sureños que tras atravesar o río Limia amotináronse e logo
permaneceron dispersos pola rexión. Esta pseudocrónica xunto a otras mais a
explicación de que en irlandés *letha ( o nome irlandés da Bretaña armoricana)
e as formas galas *Litavis ( unha deusa dese nome) e Litana ( fraga onde os
celtas italianos acabaron co exército romano de Postumio) refírense ao Mais Alá
céltico, reconstruido co nome de Letavia. Semella que Estrabón ao falar do
Lethes/río Limia fixera deslizamento fonético Letavia/ Lethes e nos amose unha
versión hispana dun mito pancéltico sobre o Mais Alá, e que podemos entrever na
Diadema de Moñes, onde aparecen xinetes sobre a auga acompañados de persoas con
cabeza de paxaro levando caldeiros e que F. Marco explica como unha estética
celta dun Mais Alá ubicado en illas onde desaparecen as xerarquías sociais e
hai comida e bebida sen fin. Por iso nos relatos de Estrabón, Maxen Wledig e a
vida de San Patricio Letavia sitúase mais alá do Mar onde van os guerreiros que
non voltan e viven sen xefes (xefes ou pais mortos).
(Fonte: Santuarios de la Galicia Céltica, Abada editores,)
Comentarios
Publicar un comentario