Os parrulos e o cultos solares.
Xa antes de rematar o século XX D Julia intuiu ao estudar as estelas galaicoromanas de Vigo que neles plasmábase unha tradición local de culto solar ( cruces inscritas en círculos, que se repiten en certos petroglifos que os autoresgarcía Quintela e Santos Estévez sinalan como da Idade do Ferro) Esta mitoloxía solar, unida en Gallaecia a figuras ornitomorfas ( figuras de patos que se reparten en cerámicas e diversas xoias castrexas)
No libro "Santuarios de la Galicia céltica exponse unha zona xeográfica onde se ve esa relación Sol- Parrulos - Inmortalidade; trátase da área As canles (Campolameiro, Pontevedra) onde analizan o antropo(ornito)morfo de Fentáns, un petroglifo da época dos castros que sintetiza unha figura solar (cruz inscrita nun círculo) unha persona ( cara humana dentro dun cuadrante da cruz), un medio crecente lunar, unha sgadoupas ou mans enormes e unha cola. O tema de petroglifo humano con mans xigantes aparece de forma frecuente (Vilar, Poio) e que logo repítese no gravado de Vestio Alonieco.
Estas combinacións de patos e soles repítese noutras terras célticas ( os autores achegan unha estela de Rouen e outra estela antorpomorfa de Quilly, onde aparecen persoas, patos e soles) evocando o viaxe ao Mais Alá céltico, Letavia, concebido como un lugar mais alá das augas(río ou mar) cara o sol poñente coa guía de aves e do deus Lugh, que soe seguir a ruta do sol. Por outra banda as rodas solares e as aves aparecen en mais lugares célticos, caso do depósito de Felminghan Hall, decoración dun santuario onde se ven rodiñas de radios, paxaros con algo no pico e un home con aura solar e un crecente lunar sobre a fronte.
A relación paxaros-Lugh e evidente, sobre todo co corvo (Lougos en celta) Noutra serie de petroglifos, nesta vez en Cabo da Roca(Sintra) aparece unha figura humana e círculos de oito radios sobre liñas paralelas e que melim de Sousa relaciona coa caída do sol no mar e conecta coas noticias de Estrabón para o promontorio sacro e Floro na desembocadura do Miño onde o xeneral Décimo Xunio Bruto viu afundirse o sol cun son metálico.
Todo isto relaciónase tamén cunha fiugura do caldeiro de Gundestrup, nunha das súas placas un rapaz con cascos de cornos sostén unha roda de oito radios semioculta por un home barbado
e que Holard e Gricourt din ser un mozo deus Lugh e o vello deius Taranis (sendo Taranis celeste e Lugh o que fai rodar ao sol).
Estamos ante unha divindade complexa, que se relaciona co sol e a lúa, un deus cornudo e de man longa que impulsa ao sol, Vestio Alonieco que coas súas enormes mans abarca todo o espazo
Comentarios
Publicar un comentario